Proxectos por zonas xeográficas

Terra Cha

Arnica_100px.jpg
Conservación da biodiversidade asociada á paisaxe agraria atlántica

Traballamos na conservación daqueles elementos da paisaxe agraria tradicional que contribuen ao mantemento da biodiversidade.

Pozo do Ollo_1.jpg
Acordo de custodia para a xestión das Insuas do Miño e os Ollos de Begonte

Entre decembro de 2014 e novembro de 2018 mantivemos un acordo coa Deputación de Lugo para a xestión das Insuas do Miño e os Ollos de Begonte.

Adaptando que é xerundio

Preparando a Reserva da Biosfera Terras do Miño para facer fronte aos desafíos do cambio climático.

PA040092.JPG
Observatorio de EEI da Terra Cha

Unha ferramenta participativa para a detección e o control das especies exóticas invasoras na Terra Cha.

Ancares e Courel

PA160284.JPG
Monte de Piornedo

Colaboramos cos veciños de Piornedo na conservación do Monte de Piornedo, unha propiedade comunal de máis de 800 hectáreas que alberga numerosos hábitats e especies de gran interese ecolóxico.

IMG_4885.JPG
Microrreservas de orquídeas no Courel

Seis pequenos espazos na serra do Courel que albergan unha gran diversidade botánica, coas numerosas especies de orquídeas silvestres como bandeira.

LogoOsoCourel-1-300x124.jpg
Life Oso Courel

Participamos no proxecto Life Oso Courel, coordinado pola Fundación Oso Pardo, para favorecer a expansión de oso pardo a novos territorios na serra do Courel.

Serpentinas (serra do Careón)

Microrreservas de endemismos serpentínicos

Máis de 8 hectáreas adicadas a conservar algunhas prantas únicas no mundo.

Por todo o país

Refuxios para morcegos

A AGCT, en colaboración con Morcegos de Galicia, pon en marcha un proxecto para protexer as colonias de morcegos que habitan máis perto de nós.

Asociación Galega de Custodia do Territorio   Rúa San Vicente, nº 22 de Lugo (C.P. 27003)

custodiadoterritorio@gmail.com