Proxectos por liñas de actuación
Especies ameazadas
Microrreservas de flora
Ás veces, unhas poucas hectáreas de terreo son a diferencia entre a conservación dunha especie e a súa extinción. Coñece cómo contribuimos a conservar algunhas prantas únicas no mundo.
Refuxios para morcegos
A AGCT, en colaboración con Morcegos de Galicia, pon en marcha un proxecto para protexer as colonias de morcegos que habitan máis perto de nós.
Life Oso Courel
Participamos no proxecto Life Oso Courel, coordinado pola Fundación Oso Pardo, para favorecer a expansión de oso pardo a novos territorios na serra do Courel.
Hábitats e paisaxe
Monte de Piornedo
Colaboramos cos veciños de Piornedo na conservación do Monte de Piornedo, unha propiedade comunal de máis de 800 hectáreas que alberga numerosos hábitats e especies de gran interese ecolóxico.
Acordo de custodia para a xestión das Insuas do Miño e os Ollos de Begonte
Mantemos un acordo coa Deputación de Lugo para a xestión das Insuas do Miño e os Ollos de Begonte.
Conservación da biodiversidade asociada á paisaxe agraria atlántica
Traballamos na conservación daqueles elementos da paisaxe agraria tradicional que contribuen ao mantemento da biodiversidade.
Especies exóticas invasoras e Cambio climático
Adaptando que é xerundio
Preparando a Reserva da Biosfera Terras do Miño para facer fronte aos desafíos do cambio climático.
Observatorio de EEI da Terra Cha
Unha ferramenta participativa para a detección e o control das especies exóticas invasoras na Terra Cha.