Durante o ano 2017 desenvolvimos o proxecto "Mantemento e recuperación da biodiversidade asociada á paisaxe agraria atlántica", financiado pola Fundación Biodiversidad e cofinanciado pola Deputación de Lugo.

Os obxectivos deste proxecto foron:

- Recuperar prados abandonados de alto valor ecolóxico

- Manter e recuperar elementos tradicionais da paisaxe agraria que axudan á conservación da biodiversidade

- Crear novos elementos que axuden a recuperar e manter a biodiversidade asociada a paisaxes agrarias atlánticas

- Xerar materiais e espazos de debate sobre a conservación da biodiversidade asociada a paisaxes agrarias atlánticas

Unha parte das accións realizáronse nas insuas do Miño e o seu entorno, no corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e outra parte en terreos dos socios da cooperativa gandeira Beealia, no concello de Pol.

Entre os resultados conseguidos no traballo de campo destacan: 

- A restauración estructural de case vinte hectáreas de prados abandoados

- O enriquecemento de case dúas hectáreas con semente procedente de prados doantes ben conservados do entorno

- A restauración de 1.516 metros de sebes vexetais tradicionais

- A restauración de dous humidais

- A restauración de máis de 700 metros de muros de pedra tradicionais

- A creación de dúas novas charcas

- A instalación de máis de 80 refuxios para aves e morcegos

Ademáis disto, realizáronse as primeiras xornadas en Galicia sobre a conservación de prados seminaturais e elaborouse un manual de conservación (preme para descargar) deste tipo de hábitats tan ameazados pola transformación e o abandono.

Asociación Galega de Custodia do Territorio   Rúa San Vicente, nº 22 de Lugo (C.P. 27003)

custodiadoterritorio@gmail.com