Rede Galega de Custodia do Territorio
Desde 2012, a AGCT xunto con ADEGA e Fragas do Mandeo, vimos traballando conxuntamente desde a Agrupación Galega de Entidades de Custodia do Territorio co obxectivo de difundir a custodia do territorio en Galicia, organizando anualmente as Xornadas Galegas de Custodia do Territorio e traballando para o recoñecemento da custodia desde a administración, entre outras accións.
A AGECT representou, tamén, ao movemento galego da custodia no Foro Estatal de Redes de Custodia del Territorio.
No 2015 vimos de dar un paso máis no traballo en rede en Galicia, coa formalización da Rede Galega de Custodia do Territorio, á que se uniron dúas novas entidades.
As entidades fundadoras da RGCT somos:
- Asociación Galega de Custodia do Territorio
- ADEGA
- Fragas do Mandeo
- Quercus Sonora
- ACEFGA