RECU-PRADOS
Nas insuas do Miño existen 30 hectáreas de prados seminaturais que aportan espacios e recursos fundamentais para as especies de ecotono e pratenses nunha paisaxe eminentemente boscosa. Os prados funcionan como farían os claros naturais nos que prosperan as especies herbáceas e que son aproveitados de diferentes formas por moitas especies de insectos e de ungulados silvestres.
Pero os prados son un hábitat dinámico que precisa par o seu mantemento da presencia de herbívoros ou de manexo humano.
No marco do acordo de custodia que mantemos coa Deputación de Lugo para a xestión das insuas buscamos a complicidade de gandeiros do entorno para asegurar unha sega anual que axude ao bo mantemento dos prados. Estás interesado/a?
Os prados dispoñibles para aproveitamento poden ser consultados neste
Están organizados por lotes e o aproveitamento debe facerse do lote enteiro solicitado.
Como o obxectivo principal é a conservación e mellora da biodiversidade dos prados, poñemos unhas condicións para conceder o aproveitamento:
​
- O corte da herba será a partir de mediados de xullo para permitir a maduración das sementes.
- Voltearase e secarase a herba durante 3-5 días antes de recoller, para favorecer que as sementes se depositen no prado.
- Respectaranse os bordes da parcela sen cortar ata setembro, para deixar refuxio para a fauna pratense.
- Non se abonarán os prados de ningún xeito, nin está permitido o uso de praguicidas nin herbicidas.
​
​
Se estás interesado/a no aproveitamento destes prados, ponte en contacto con nós en
custodiadoterritorio@gmail.com
​
​