Misión e valores
Na Asociación Galega de Custodia do Territorio queremos territorios vivos nos que as persoas podamos desenvolver unha vida digna en armonía e respecto co noso rico entorno natural. Por iso traballamos cos propietarios e cos usuarios do territorio na conservación do patrimonio natural e cultural, e no uso sustentable dos recursos naturais.
Pensamos que a xestión do territorio debe facerse dun xeito consciente, responsable, participativo, solidario, respectuoso coas diferentes visións e sensibilidades. Neste proceso, os propietarios e usuarios son actores indispensables.
A Asociación Galega de Custodia do Territorio constituíuse en Rábade (Lugo) o 26 de abril do 2008.
Os seus obxectivos estatutarios son:
-
A conservación e recuperación do patrimonio natural utilizando como ferramenta principal a custodia do territorio.
-
Difundir e fomentar a custodia do territorio, facendo partícipe á sociedade civil da xestión sustentable do territorio.
Podes descargar unha copia dos Estatutos aquí. (pdf 29 kB)