top of page
Encabezado.png
Logo AGCT.jpg

A Rede de Custodia Agraria da reserva da biosfera Terras do Miño botou a andar o xoves 29 de decembro de 2022 na Casa das Insuas.

 

Como entidade de custodia, a AGCT leva anos colaborando con agricultores e gandeiros na conservación dos valores naturais e na mellora ambiental das súas fincas, convencidos de que a necesaria produción agraria pode e debe ser compatible co mantemento dunha paisaxe biolóxicamente diversa e respectuosa cos seus valores patrimoniais e escénicos.

​

No marco destas colaboracións creamos e restauramos charcas, muros de pedra, prados seminaturais ou refuxios para fauna, por exemplo, cos que se contribuíu a conservación de poboacións de insectos acuáticos, anfibios, aves ou morcegos, algunhas delas de especies ameazadas.

 

A este traballo pequeno que viñamos desenvolvendo por separado con cada gandeiro ou agricultor, quixemos agora darlle un pulo e unha visión de conxunto e levalo a unha rede de custodia agraria no ámbito da reserva da biosfera Terras do Miño. Para iso, e grazas a financiación concedida pola Deputación de Lugo,  xuntámonos con produtores e produtoras cos que xa viñamos colaborando e outros novos que tamén apostan polo respecto e o coidado do territorio no que traballan e impulsamos esta rede.

 

Unha rede que busca:

 

1. favorecer o contacto, coñecemento mutuo, o intercambio de ideas e de preocupacions e a busca de solucions e recursos entre os produtores agroecolóxicos e a AGCT.

2. xerar un espazo de formacion e debate.

3. amosar a cidadanía que existen xeitos sostibles de produción e os seus resultados.

4. acadar unha visión de conxunto na contribución que estas iniciativas fan a conservación do patrimonio natural.

5. traballar conxuntamente no impulso de iniciativas e proxectos que favorezan a sostibilidade económica e ambiental destas granxas.

 

Somos, de momento, un puñado de xente, pero aspiramos a ser mais. Aspiramos a ser maioría, porque queremos unha sociedade capaz de producir alimentos de calidade co maior respecto polo entorno natural e pola paisaxe agraria no que se integra. 

​

Neste momento integran a Rede de Custodia Agraria, xunto coa AGCT:

​

- Casa Bértolo

- Casa Codesal

- Cabuxa Natur

- Traloagro

- Beealia

- Casa Caloto

- M.V.M.C de Carballo

- Veiga de Luaces

- A Cortiña da Bouza

​

Somos coñecedores dos retos ambientais aos que nos enfrontamos como sociedade e eliximos ser parte da solución. Non queremos voltar ao pasado. Pola contra, queremos ser a vangarda dun rural con futuro, no que vivir e producir alimentos, e que tamén siga a ser o nexo de unión entre as persoas e unha natureza viva e diversa.

co apoio de

Logo_RRBB.png
bottom of page