Empresas e institucións colaboradoras

 

A protección do patrimonio natural é unha responsabilidade do conxunto da sociedade. As organizacións sociais xogamos un papel fundamental como entidades capaces de respostar dun xeito rápido, eficaz e transparente aos novos retos que se plantexan.

Pero a nosa actividade non sería posible sen a participación de empresas e institucións que, conscientes da súa responsabilidade neste ámbito, canalizan o seu compromiso co territorio a través da colaboración nos nosos proxectos e actividades.

 

A colaboración coa AGCT aportará á túa empresa ou institución:

 

- Concreción e visibilidade da súa responsabilidad social en materia ambiental.

- Mellora da súa imaxe corporativa, como entidade comprometida co medio ambiente.

- Reforzo do seu vínculo co territorio e o público para o que desenvolve a súa actividade.

 

 

 

100x100 natural

 

Estamos a tecer unha rede de empresas e entidades dispostas a participar, con pequenas colaboracións económicas, nun fondo para proxectos en Espazos Naturais Protexidos e para a conservación de Especies Ameazadas.

 

Este é o noso reto: un mínimo de 100 empresas e entidades que aporten un mínimo de 100 euros ao ano.

 

Se queres que a túa empresa ou entidade participe no "100x100 natural" ponte en contacto con nós.

 

Asociación Galega de Custodia do Territorio   Rúa San Vicente, nº 22 de Lugo (C.P. 27003)

custodiadoterritorio@gmail.com