Empresas colaboradoras




A prestixiosa conserveira de Vilanova de Arousa (Pontevedra) Conservas Antonio Pérez Lafuente é pioneira na produción de conservas ecolóxicas de marisco e peixe baixo a marca PAN DO MAR sendo a primeira conserveira española que conseguiu a certificación ecolóxica. Os produtos de PAN DO MAR proceden da pesca sustentábel e controlada e están elaborados con aceites e mollos provenientes da agricultura ecolóxica. Alén das tradicionais conservas de peixe e marisco a empresa produce tamén patés e saladas con atún ou mexillóns.
WORK ON SUNDAY é unha axencia creativa especializada en xestión e produción cultural que conta cunha dilatada traxectoria e coñecementos específicos do sector.
Dende a súa creación no 2011, o espírito visionario e compromiso coas diferentes formas de expresión artística e a sustentabilidade, permitíronlle colaborar con marcas consolidadas e importantes institucións culturais, dando froito a unha década de experiencia como catalizadora da innovación e a creatividade. Entre os seus proxectos destaca WOS Festival, un evento urbano indoor que ten lugar en varios espazos emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela.
Deputación da Coruña colabora coa nosa entidade na conservación da flora endémica dos terreos serpentínicos da provincia da Coruña, realizando diferentes accións de divulgación, conservación e adquisición de terras para a súa conservación á perpetuidade.
A Fundación Oxígeno colabora tamén coa nosa entidade na conservación da flora endémica dos terreos serpentínicos da provincia da Coruña, apoiándo a compra e realización de inventarios botánicos para o seguimento das poboacións da flora ameazada, imprescindibles para coñecer o estado de conservación das especies obxectivo e poder deseñar adecuadamente as accións de restauración e mellora ambiental.