top of page
banner_web.png

Entre 2020 e 2021 desenvolvimos o proxecto RESERVAS VIVAS co que tratamos de fomentar a custodia do territorio nas reservas da biosfera Terras do Miño, Oscos-Eo e Terras de Burón, Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Ancares Leoneses. É dicir, de fomentar a participación social na conservación dos valores naturais das catro reservas da biosfera nas que se desenvolve, usando como ferramenta a custodia do territorio.

 

O proxecto contou co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través da Fundación Biodiversidad.

Se queres ver unha versión extendida deste video, mira na lista RESERVAS VIVAS da nosa canle en Youtube.

 

 

En Reservas Vivas marcámonos como obxectivos:

1.Mellorar o coñecemento da custodia do territorio como ferramenta participativa de xestión sostible entre os diferentes actores sociais das Reservas da Biosfera.

2.Desenvolver e dar a coñecer experiencias exemplares de custodia do territorio nas reservas da biosfera.

3.Explorar alianzas con diferentes actores sociais de relevancia no territorio.

4.Fortalecer o terceiro sector ambiental nas reservas da biosfera.

5.Explorar ferramentas de mobilidade de terras a escala local que permitan o mantemento e a recuperación de terras agrícolas de interese ambiental.

 

 

En Reservas Vivas, que comezou o 1 de marzo de 2020 tivemos que pelexar desde o principio coas dificultades xeradas pola pandemia do Covid19, adaptando e reformulando as actividades previstas para poder acadar os obxectivos desexados en condicións ben adversas.

O resultado final é máis que satisfactorio: cinco novos acordos de custodia nas catro reservas da biosfera, cos que queremos contribuir á conservación de bosques e prados seminaturais de montaña, unha paisaxe agraria de alto valor natural, ademais de ofrecer o noso apoio a persoas que loitan a diario por desenvolver a súa actividade económica dun xeito respectuoso co medio natural.

Ademáis, Reservas Vivas permitíunos coñecer mellor o tecido social destas reservas da biosfera e prospectar espazos nos que desenvolver novas iniciativas de custodia. Agardamos que pronto podamos comunicar novos acordos nos que estamos a traballar.

Tivemos que adaptarnos á comunicación online, facendo por este medio desde xuntanzas de traballo, a contactos con propietarios e charlas e xornadas sobre a custodia e as reservas da biosfera.

Agora que rematou, pensamos que Reservas Vivas contribuíu a difundir o valor da particiapción, a colaboración e o traballo común na conservación dos valores naturais dos nosos territorios.

!
Widget Didn’t Load
Check your internet and refresh this page.
If that doesn’t work, contact us.
bottom of page