top of page

insuaLAB

O insuaLAB é o laboratorio de ecoloxía aplicada da AGCT.

 

A súa actividade se centra no estudo das especies e hábitats existentes nos espazos en custodia, o seguemento ambiental dos acordos e a experimentación no manexo de hábitats e especies.

 

O insuaLAB fomenta a participación de voluntarios nas tarefas de seguemento ambiental dos acordos, organizando xornadas de formación e coordinando a acción dos diferentes grupos.

 

Tamén acollemos estudantes en prácticas e/ou que desexen realizar traballos académicos sobre os hábitats ou especies que estamos a custodiar, ofrecendo toda a infraestructura da que dispoñemos na Casa das Insuas para este fin.

 

Estamos especialmente interesados en estudantes que desexen realizar traballos académicos nos hábitats aluviais das Insuas de Rábade, un espazo privilexiado para estudos de campo. Se eres un deles, contacta con nós!

bottom of page