top of page

Obradoiro de gravación de paisaxes sonoras e narración documental

Casa das Insuas, 23 e 24 de setembro

Este obradoiro de creación colectiva nace co obxectivo de realizar unha expedición comunitaria a través de prácticas de escoita profunda e da gravación de paisaxes sonoras nas Insuas do Miño e nos Pozos do Ollo, paraxes de gran riqueza ambiental.
Partiremos desde diferentes perspectivas: a bioloxía (gravación de especies), a xeoloxía (a auga e a súa acústica particular) así como a historia oral (lendas dos seus poboadores e veciños).
Un conxunto de sons e de historias conflúen a través do tempo nun lugar que se conta a si mesmo: o noso obxectivo é realizar un relato comunitario que xurdirá a partir da catalogación de sons e da colecta de oralidades e paisaxes sonoras da zona.

PROGRAMA

 

SABADO 23

11h-14h: EL RELATO SONORO Y SUS LENGUAJES

Iniciación a la grabación de campo.

Introducción a la narrativa en audio, el género audio documental y la producción de podcast.

Historia, referentes, evolución y tendencias actuales.

Teoría y tratamiento de audio digital.

Recomendación de equipos técnicos, microfonía, grabadoras, editores, etc.

16-20h: CAMINAR Y ESCUCHAR JUNTOS

Paseo colectivo de reconocimiento de localizaciones.

Ejercicios de Escucha Profunda en exterior.

Primeras experiencias de grabación con el uso de diferentes técnicas y micrófonos.

Grabaciones de paisajes sonoros en grupo.

22h-23h: Paseo y grabaciones nocturnas

(actividad voluntaria)

DOMINGO 24

10h-14h: OÍDOS EXPANDIDOS.

Búsqueda, escritura y grabación de relatos orales propios de la zona.

Iniciación y práctica de la edición sonora en software multipista.

Catalogación, escucha de materiales obtenidos y puesta en común de notas, ideas y posibles hilos narrativos.

16-19h: ESCRIBIR CON EL OÍDO

Selección y edición de los materiales obtenidos.

Montaje de audio en colectivo de una posible pieza.

INSCRICIÓN

Para inscribirte fai clic AQUÍ.


O custe de inscrición é de 85 euros.
Hai 12 prazas dispoñibles (o obradoiro só se realizará con,
cando menos, 8 das prazas cubertas).
 

Necesidades técnicas

 

En caso de dispoñer del, cada participante pode levar o seu propio equipo, incluidos o ordenador portátil e gravadoras. Se non, a organización porá equipamento a disposición dos participantes, como diferentes tipos de gravadoras e de micrófonos.

É moi importante, iso si, que cada participante traia os seus propios auriculares.

Sobre os editores de audio, principalmente traballaremos cos programas Reaper e Audacity.

Docente

Laura Romero (València, 1984) é radio artista e realizadora de audio. Traballou
no deseño e montaxe de audio para varias emisoras ibéricas e francófonas.
Especialmente atraída polo xénero documental, a ecoloxía acústica e a narrativa
sonora experimental.
Galardoada co primeiro premio en Grand Prix Nova International Radio Drama
Festival (2021) e UK International Audio Drama (2022).
É tamén investigadora-doctora en comunicación e docente en linguaxe
e narrativa sonora.
Organiza regularmente sesións de escoita en lugares públicos e obradoiros de
creación colectiva. O seu último documental sonoro, “Retorno ao Niño” (2022) é unha
homenaxe ao paciente mundo da ornitoloxía, a grabación da paisaxe e a
preservación do entorno rural ante a ameaza da instalación masiva de macro-plantas
fotovoltaicas.

Logos.png
bottom of page