Durante o 2015 puxemos a andar un proxecto que pretende ser unha experiencia demostrativa sobre a utilización da figura de microrreservas como metodoloxía para a conservación de flora endémica e/ou ameazada de Galicia.
Para seleccionar a zona de estudo seguíronse tres criterios básicos:
-
As microrreservas deberían incluírse dentro da Rede de Espazos Naturais de Galicia.
-
Situadas en terreos privados para promover a implicación da poboación local.
-
Estar situadas en zonas onde a AGCT desenvolva a súa actividade.
Seguindo estes criterios determinouse como área de traballo a Serra do Courel, incluída dentro do ZEC Os Ancares-O Courel. Grazas o traballo de Carlos Cortizo e Elvira Sahuquillo (Universidade de A Coruña) delimitáronse cinco microrreservas nesta zona:
O obxectivo principal da creación das Microrreservas da Serra do Courel é a conservación das poboacións de orquídeas e especies incluídas dentro do Catálogo Galego de Especies Ameazadas a través da restauración dos hábitats pratenses e rochosos da zona, así como da divulgación dos seus valores naturais.
Realizáronse unha serie de tarefas necesarias para a conservación e divulgación dos valores naturais das cinco microrreservas:
-
Delimitación en detalle das cinco microrreservas.
-
Realización de inventarios florísticos.
-
Redacción dun plan de xestión para cada unha delas.
-
Sinatura dos acordos de custodia cos propietarios das parcelas.
-
Deseño e instalación de cinco carteis interpretativos para a difusión dos seus valores naturais.
-
Establecemento de cinco Puntos de Biodiversidad Virtual para o inventariado continuo de especies.
Esta información está dispoñible a través de cada unha das páxinas creadas para cada unha das Microrreservas da Serra do Courel.