Tres rutas diferentes para descubrir a Serra do Courel
A Serra do Courel é un dos lugares de Galicia onde se poden ver as pegadas da antiga convivencia entre o oso pardo e o ser humano, debido ó gusto destes animais polo mel e as abellas. Un destes exemplos son os alvares, construcións tradicionais con altos e fortes muros de pedra seca, nas que se gardaban os trobos ou colmeas tradicionais para protexelos do oso. A contorna de Seceda ten unha riqueza en alvares extraordinaria, e constitúe posiblemente una das maiores concentracións deste tipo de estruturas que se coñecen.
Nas últimas décadas o oso regresou ós antigos territorios que ocupaba. O aumento da cobertura dos bosques, a maior protección da especie e o cambio cara unha percepción positiva da súa presenza favoreceu a recuperación da súa poboación en todo o cordal Cantábrico, permitindo a súa expansión e o seu regreso ás serras orientais de Lugo. Por iso, algúns alvares volven ser utilizados para protexer as colmeas, xunto con outros sistemas máis modernos de cerramentos electrificados, para asegurar unha boa convivencia entre o oso e a poboación local.
Do mesmo xeito, este avance da natureza tamén pode converterse nun novo impulso socioeconómico para estas zonas que sofren o abandono rural. A calidade ambiental que representa a imaxe do oso impulsa un turismo de natureza respectuoso, que axuda a frear a perda de poboación e dotar de futuro á xente do Courel.

Tres rutas diferentes para descubrir la Sierra de O Courel

La Sierra de O Courel es uno de los lugares de Galicia donde se pueden ver las huellas de la antigua convivencia entre el oso pardo y el ser humano, debido al gusto de estos animales por la miel y las abejas. Uno de estos ejemplos son los alvares, construcciones tradicionales con altos y fuertes muros de piedra seca, en las que se guardaban los trobos o colmenas tradicionales para protegerlos del oso. El entorno de Seceda tiene una riqueza en alvares extraordinaria, y constituye posiblemente una de las mayores concentraciones de este tipo de estructuras que se conocen.
En las últimas décadas el oso ha regresado a los antiguos territorios que ocupaba. El aumento de la cobertura de los bosques, la mayor protección de la especie y el cambio hacia una percepción positiva de su presencia ha favorecido la recuperación de su población en todo el cordal Cantábrico, permitiendo su expansión y su regreso a las sierras orientales de Lugo. Por ello, algunos alvares vuelven a ser utilizados para proteger las colmenas, junto con otros sistemas más modernos de cerramientos electrificados, para asegurar una buena convivencia entre el oso y la población local.
Del mismo modo, este avance de la naturaleza también puede convertirse en un nuevo impulso socioeconómico para estas zonas que sufren el abandono rural. La calidad ambiental que representa la imagen del oso impulsa un turismo de naturaleza respetuoso, que ayuda a frenar la pérdida de población y dotar de futuro a la gente de O Courel.

 

Rutas do Oso e o Mel do Courel

Máis información:

Ruta do Oso e do Mel.jpg

Asociación Galega de Custodia do Territorio   Rúa San Vicente, nº 22 de Lugo (C.P. 27003)

custodiadoterritorio@gmail.com