​
INSUAS DO MIÑO E OLLOS DE BEGONTE
PROPOSTAS
​
​
As Insuas do Miño e o seu entorno ofrecen moitas e diferentes posibilidades para quen guste de observar a natureza, camiñar baixo o bosque do ribeira ou participar en diferentes actividades organizadas desde a Casa das Insuas.
A Ruta das Insuas é un percorrido circular duns 5 km que nos descubre os diferentes ambientes que se atopan nas insuas do Miño, desde o denso bosque aluvial ata os extensos prados con grandes e vellos carballos. Non conta apenas con desnivel, polo que pode ser percorrida por xente de todas as idades. Desde a AGCT e a Deputación de Lugo ofertamos a posibilidade de acompañar e guiar gratuitamente grupos que desexen percorrer a ruta e aprender máis sobre dela.
Queres facer esta ruta cos nenos do teu cole, asociación, etc? Co teu grupo de amigos?
Escríbenos a: custodiadoterritorio@gmail.com
​
A Casa das Insuas é un centro xestionado pola AGCT e compartido por varias entidades naturalistas e conservacionistas, cedido para este fin polo concello de Rábade. Nela organízanse diferentes actividades ao longo do ano relacionadas co estudo e conservación do medio natural; a súa observación, debuxo e fotografía; e tamén artesanía, bioconstrución, proxección de películas e documentais, presentacións de libros e moito máis!
Entérate de todo o que se coce na Casa das Insuas a través do seu Facebook!
​
No entorno das insuas pódese gozar tamén de fermosos espazos como a Lagoa do Rei, a capela de San Vitorio e outros que poderás atopar neste MAPA: