​
INSUAS DO MIÑO E OLLOS DE BEGONTE
INVESTIGACIÓN, DIVULGACIÓN
E EDUCACIÓN AMBIENTAL
​
​
Precisamos da mellor e máis completa información sobre o entorno para poder facer unha xestión axeitada; por iso as tarefas de investigación son unha parte fundamental do traballo que se desenvolve nas insuas e Ollos. Ademais do inventariado de especies, realízanse traballos de seguimento poboacional de certos grupos, control de especies exóticas e ofértanse medios para fomentar a realización de traballos de investigación neste entorno por parte de outros colectivos.
​
Parte dos traballos de investigación e seguimento integráronse, desde 2015, no campo de traballo científico "insuaCAMP", co obxectivo de ofrecer un espazo formativo para persoas que queren completar a súa formación naturalista ou en conservación da natureza. Polo "insuaCAMP" pasaron xa máis de trinta persoas de diferentes nacionalidades.
​
As insuas son tamén un excelente lugar para a educación ambiental e a divulgación e todos os anos realizamos diferentes actividades, dirixidas a públicos diversos, que buscan achegar á cidadanía ao noso medio natural.