top of page

O POZO DO OLLO

A forma circular da nome a estas excepcionais formacións lacustres de orixe kárstico presentes no complexo húmido de Begonte.​

 

 

OLLOS DE BEGONTE

 

 

   Os Ollos de Begonte forman parte dun complexo húmido que se estende polo concello de Begonte, preto da confluencia dos ríos Ladra e Parga, formado por unha variedade de medios acuáticos e semiterrestres. Entre eles destacan dous medios lacunares cuxa forma circular da nome ao entorno:  os "Ollos". O Ollo Pequeno ocupa una superficie de 1.780m2 e o Ollo Grande (ou Pozo do Ollo), acada os 2.280m2.

​

   Os Ollos están asociados a surxencias kársticas e á existencia de grandes fallas que determinan estruturalmente un medio lagunar circular de grande profundidade. Son sistemas lacunares profundos de orixe natural e alimentados por augas subterráneas, o que determina a presenza de especies de flora e fauna moi particulares. A vexetación emerxente redúcese ás estreitas franxas perimetrais onde se manteñen comunidades de grandes ninfeidos (Nymphaea alba) e helófitos (Cladium mariscus), e as partes máis profundas están dominadas por ceratofílidos (plantas non enraizadas que florecen e frutifican baixo a auga) e carófitos (algas de auga doce extremadamente raras nas zonas húmidas chairegas).

​

   Os Ollos, especialmente o Pozo do Ollo, permanece rodeado por bosques climácicos: bosques de inundación (91F0 y 91E0*) e bosques galaico-portugueses de Quercus robur y Q. pyrenaica (9230) cuxos aportes de materia orgánica determinan o seu carácter distrófico. No período de inundación invernal, a gran cantidade de auga que se acumula na zona establece a conexión directa entre os Ollos e os principais tramos fluviais do entorno, mentres no período estival e outonal permanece nun complexo sistema de pequenas canles e charcas presentes no bosque pantanoso, albergando una variada flora e fauna acuática entre a que destacan Luronium natans e Margaritifera margaritifera, ambas incluídas no Anexo II da Directiva 92/43/CEE (Directiva Hábitats).

​

​

FIGURAS DE PROTECCIÓN

​

Este complexo húmido está incluído na "Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Parga-Ladra-Támoga" (Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. DOG 69, do 12/04/2004) e forma parte da Zona Núcleo da Reserva da Biosfera "Terras do Miño", declarada oficialmente polo Comité MAB no ano 2002.

bottom of page