top of page

Salva tres especies únicas no mundo!

Precisámoste para mercar hábitat serpentínico

IMG_0619_ban.jpg

Axúdanos a salvar os hábitats serpentínicos e a súa flora!!

 

Desexamos comprar parcelas con flora endémica da Serra do Careón para a súa conservación a perpetuidade. Axúdanos a conseguilo. Participa no crowdfunding!!

​​

​Entre todos axudaremos na conservación dos endemismos da Serra do Careón!!

Importe mínimo a conseguir: 2.330 euros

Importe óptimo a conseguir: 4.660 euros

Campaña pechada!
Smelidensis_parachapa.jpg
Amerinoi_inflorescencia.jpg

Unha flora única 

 

Nos concellos de Melide, Santiso e Palas de Rei, atópase o maior afloramento rochoso de serpentinitas de Galicia, constituíndo o lugar máis importante para a súa flora endémica e o décimo da España peninsular.

Esta zona alberga tres especies de flora que non existen en ningún outro lugar do mundo e que, ademais, se atopan en perigo de extinción. Estas plantas son a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi), a santolina de Melide (Santolina melidensis) e a magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum).

 

​Unha necesidade urxente

 

A superficie de hábitat serpentínico ben conservado é escasa. A presión que exercen os usos agroforestais actuais da zona –implantación de eucaliptais, piñeirais e pradeiras– está destruíndo por completo o hábitat orixinal das especies de flora serpentínica endémica. Ademais, o abandono dos usos tradicionais (queimas e pastoreo) está a favorecer o incremento da matogueira, que compite coas especies serpentínicas.

​

Precisamos ampliar a zona de protección! 

​

Este ano, propuxémonos mercar máis terreo serpentínico na parroquia de Barazón (Santiso), concretamente 2 ha de superficie, que custarán 10.000 €. A esta cantidade, hai que engadir os gastos de notaría e de inclusión das parcelas no rexistro da propiedade, que se estiman en 500 e 300 euros, respectivamente. Desta cantidade, o 80% (8.640 €) será aportado por unha axuda que nos concedeu a Deputación da Coruña e o 20% (2.160 €) serán aportacións para a compra. A esta cantidade temos que engadirlle o imposto de sociedades, un imposto que grava os "beneficios" dunha entidade. Este imposto, inxusto para as entidades de custodia, ben derivada de que teremos un ingreso de fondos económicos pero non haberá un gasto, senón un aumento do patrimonio da entidade, polo que a administración entende que temos un beneficio económico e, por iso, se nos grava con este imposto. Loxicamente, non temos tal beneficio económico, pero facenda así o entende e por iso temos que telo en conta. O ano pasado non fixemos isto e este imposto supuxo un grave prexuízo para a viabilidade económica da nosa entidade.

​

​

Resumo contable:

​

Compra de parcelas                                   10.000 €

Gastos notariais                                               500 €

Gastos no rexistro da Propiedade                 300 €

     Gastos de compra                                10.800 €

​

Deputación da Coruña (80%)                     8.640 €

Aportación para a compra (20%)                2.160 €

Imposto de sociedades                               2.500 €

     (non subvencionable)

Aportación total                                          4.660 €

     (aportación para a compra + imposto de sociedades)

​

​

Por todo isto que explicamos, precisamos 4.660 € para comprar esta nova superficie que se incorporará á xa custodiada pola nosa entidade e formará parte das microrreservas de flora serpentínica da serra do Careón.

​​​​​​​​​

Axudar ten premio

​

Apoiándonos, pasarás a formar parte deste gran proxecto e, ademais, recibirás distintas recompensas. 

Lembra que, ademais, podes agasallar a outras persoas a colaboración neste proxecto, facéndolles partícipes da conservación do patrimonio natural de Galicia e achegándolles recompensas exclusivas sobre flora serpentínica.

Agasalla un anaco de natureza galega este Nadal!   

 

Elixe como queres colaborar

​

1. Apunta 10 euros

e obtén un agradecemento público.

Con esta aportación verás o teu nome publicado nas nosas redes sociais

agradecendo a túa contribución para a compra dunha parcela en Barazón

con fins de conservación da súa flora endémica.

Serás copropietario simbólico! 

​

2. Veña, 20 euros

e ponlle cara ao terreo que merquemos.

Pedirémosche unha foto carné e faremos un foto-mosaico coas caras de todas as persoas colaboradoras, que será incluído no panel informativo da parcela comprada.

Quedarás para sempre vencellado á conservación da Serra do Careón!

E se fas disto un agasallo... imaxina a cara que lle quedará á persoa agasallada!

Por suposto, o teu nome será tamén publicado nas nosas redes sociais agradecendo a túa valiosa contribución.

​

3. Que idea! Poño 40 euros

Ademais do agradecemento persoal nas redes sociais e de engadir a túa foto no mosaico do panel informativo sito na parcela comprada, recibirás os seguintes recompensas exclusivas:

1. Unha lámina deseñada pola ilustradora de natureza Mariana Roura coas tres especies de flora endémica da Serra do Careón. Tamaño A4 e co seu número de serie na parte de atrás. 

2. Un marcapáxinas, a escoller entre os tres deseños dispoñibles. 

3. Unha chapa, a escoller entre os tres deseños dispoñibles. 

 

(Se prefires dous marcapáxinas ou dúas chapas en vez de unha e un, tamén existe esa opción. Só terás que indicalo no formulario correspondente).

Captura de pantalla 2020-12-08 a las 18.
Deputación da Coruña.png
Conseguido!
Imaxe para CF.jpg
Ruta.jpeg

4. Encántame! Van 60 (ou +) euros

Recompensa Premium!

Ademais de todos as recompensas anteriores,

guiarémoste nunha visita de campo pola zona do proxecto

para descubrir en primeira persoa as especies de flora única

no mundo que axudaches a conservar.

Alí poderás atopar a túa foto no mosaico do panel informativo

e percorrer connosco a fermosa Ruta das Tres Provincias

(A Coruña, Lugo e Pontevedra). 

Lembra, recibirás tres agasallos exclusivos, o teu rostro

permanecerá ligado á parcela, o teu nome nas redes sociais,

e ademais coñecerás de primeira man todo sobre este proxecto

único en Galicia mentres percorres unha fermosa ruta de sendeirismo.

​

​

5. Especial empresas e asociacións comprometidas: 300 (ou +) euros

Se tes unha empresa ou pertences a unha asociación, podes facer que o teu logotipo se asocie a este proxecto de conservación, cunha aportación a partir de 300 €.

Incluiremos o logotipo da empresa ou da asociación no mosaico do panel informativo e nas nosas redes sociais. 

​

bottom of page