top of page

Compramos 4,3 ha de parcelas!
Novas incorporacións ás microrreservas de flora serpentínica

IMG_0619_ban.jpg

Obxectivo cumprido!!

 

Moitas grazas a todos os que colaborastes na campaña!!

​​

​Coas aportación económicas recibidas e coa liña de axudas da Deputación da Coruña para o ano 2020 conseguimos comprar 4,3 ha de parcelas de alto valor natural que serán conservadas a perpetuidade!!

Importe mínimo a conseguir: 1.875 euros

Importe óptimo a conseguir: 3.750 euros

Amerinoi_inflorescencia.jpg
Smelidensis_parachapa.jpg

Máis parcelas para a conservación da flora serpentínica

 

Durante o ano 2020 realizamos a compra de 5 parcelas que presentaban un total de 4,3 ha de superficie. Esta primeira compra tivo un gran apoio dun bo número de colaboradores que aportaron unha enorme cantidade económica para poder realizar esta ampla compra de parcelas. Do mesmo xeito, dúas fundacións conservacionistas aportaron 2,000 € cada unha delas para apoiar este proxecto de compra.

​

​

Resumo contable:

​

Compra de parcelas                                   22.175,50 €

Gastos notariais                                               710,20 €

Gastos no rexistro da Propiedade                 558,56 €

     Gastos de compra                               23.444,26 €

​

Deputación da Coruña                             15.000,00 €

Aportación para a compra                         4.790,00 €

Fundación 1                                                 2.000,00 €

Fundación 2                                                2.000,00 €

     Ingresos                                                23.790,00 €

​

Aportación total                                           -345,74 €

​

​

O proxecto de compra do ano 2020 resultou cun gasto neto de 345,74 €, que foi sufragado con fondos propios da entidade. A esta cantidade temos que engadirlle o imposto de sociedades, un imposto que grava os "beneficios" dunha entidade. Este imposto, inxusto para as entidades de custodia, ben derivada de que no neste proceso de compra tivemos unha serie ingresos (case 24.000 €) pero non houbo ningún gasto, senón un aumento do patrimonio da entidade (as parcelas compradas son consideradas patrimonio da entidade), polo que a administración entende que temos un beneficio económico e, por iso, se nos grava con este imposto inxusto para as entidades sen ánimo de lucro. Loxicamente, non temos tal beneficio económico, xa que as parcelas serán dedicadas á conservación e non se obterán tributos nin se venderán no futuro (prohibido segundo os nosos estatutos) pero facenda así o entende para as ONG. O ano pasado, o imposto de sociedades supuxo máis de 5.000 € de gasto que non estaba previsto, o que supuxo un grave prexuízo para a viabilidade económica da nosa entidade, xa que foi pagado con fondos propios e con outras partidas orzamentarias.

 

​​

 

Deputación da Coruña.png
bottom of page