top of page

Proxección do documental Bosque de Pardomino

vie, 10 nov

|

Rábade

O venres 10 de novembro ás 20:30 h. na Casa das Insuas proxectaremos a película-documental “El bosque salvaje de Pardomino”. Un dos bosques mellor conservados de Europa que permanece esquecido do mundo nun pequeno recuncho da Provincia de León.

O registro está pechado para este evento.
¡Entendido!
Proxección do documental Bosque de Pardomino
Proxección do documental Bosque de Pardomino

Horario y ubicación

10 nov 2023, 20:30 – 22:00

Rábade, C. José Pardo, 20, 27370 Rábade, Lugo, España

Acerca del evento

O venres 10 de novembro ás 20:30 h. na Casa das Insuas proxectaremos a película-documental “El bosque salvaje de Pardomino”. Un dos bosques mellor conservados de Europa que permanece esquecido do mundo nun pequeno recuncho da Provincia de León. Para moitos, a idealización da vida silvestre na Cordilleira Cantábrica. O escenario perfecto para levar a cabo un traballo pioneiro no seu xénero; tres anos de traballo con cámaras automáticas permitiron desvelar os detalles da vida íntima dos habitantes do Bosque. Achegando datos imprescindibles sobre a poboación de osos, a dinámica poboacional do lobo. Por vez primeira nas pantallas aspectos inéditos de especies emblemáticas da nosa fauna mostrándonos a beleza das súas vidas cando ninguén os ve, cando nada lles perturba. Sen aditivos, sen manipulación. Gañadora de 4 Festivais internacionais, 9 nomeamentos internacionais: El Bosque Salvaje de Pardomino, unha produción de BICHO. 

Podedes visionar o trailer na seguinte ligazón: https://vimeo.com/799462659

Contaremos coa presenza do director, realizador e produtor da película-documental, Carlos Rodríguez, e haberá un coloquio ao rematar a proxección.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Compartir este evento

bottom of page