Visita á Microrreserva de Hórreos
sáb, 22 jun
|Rábade
O día 22 de xuño, de 11:00 a 18:00, organizamos unha visita á microrreserva de Hórreos a través dun percorrido pola serra do Courel para a observación da flora endémica dos afloramentos calcarios.
Horario y ubicación
22 jun 2024, 11:00 – 18:00
Rábade, C. José Pardo, 20, 27370 Rábade, Lugo, España
Acerca del evento
O día 22 de xuño, de 11:00 a 18:00, organizamos unha visita á microrreserva de Hórreos a través dun percorrido pola serra do Courel para a observación da flora endémica dos afloramentos calcarios. Desde a AGCT estamos a crear e manter unha serie de microrreservas para a conservación da flora e estas visitas pretenden mostrar os diferentes valores naturais que presentan.
Saída desde o Acampamento Courel (Seoane do Courel), ás 11:00 para desprazarse ata Visuña en vehículos propios.
Para esta visita recoméndase traer roupa e calzado de monte, así como auga e comida para facer un xantar no campo.
Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web (www.custodiadoterritorio.org/actividades) e obter información en custodiadoterrirtorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).