top of page

Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón (12/12/2021)

dom, 12 dic

|

San Esteban

Os domingos 12 e 19 de decembro, de 10:00 a 13:30, convidámosvos a participar na ruta de sendeirismo sobre os Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón, evento realizado co apoio da Deputación da Coruña.

O registro está pechado para este evento.
¡Entendido!
Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón (12/12/2021)
Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón (12/12/2021)

Horario y ubicación

12 dic 2021, 10:00 – 13:30

San Esteban, 36527 San Esteban, Pontevedra, España

Acerca del evento

Os domingos 12 e 19 de decembro, de 10:30 a 14:30, convidámosvos a participar na ruta de sendeirismo sobre os Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón, evento realizado co apoio da Deputación da Coruña.

A nosa entidade conseguiu nos últimos anos un bo número de parcelas para a  conservación das diferentes especies endémicas do centro de Galicia asociadas ás  serpentinas da serra do Careón, tanto arrendadas ó Banco de Terras de Galicia como  compradas. Este é un proxecto de moito calado, no que estamos invertindo grandes esforzos debido á súa complexidade, pero que suporá un enorme  beneficio para a conservación dos microendemismos asociados ás serpentinas do  centro de Galicia.

Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web (www.custodiadoterritorio.org/actividades) e obter información en custodiadoterrirtorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).

Tras o proceso de inscrición indicarémosvos as medidas que se levarán a cabo para evitar contaxios do coronavirus e o punto de reunión para que toda a actividade se desenvolva dun modo seguro e agradable para todos.

Compartir este evento

bottom of page