top of page

Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón

dom, 11 jul

|

Barazón Grande

A nosa entidade conseguíu nos últimos anos un bo número de parcelas para a conservación das diferentes especies endémicas do centro de Galicia asociadas ás serpentinas da serra do Careón. Ven a coñecer estas especies únicas da man dos técnicos da entidade para coñecer este proxecto.

O registro está pechado para este evento.
¡Entendido!
Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón
Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón

Horario y ubicación

11 jul 2021, 10:30 – 14:30

Barazón Grande, 15808 Barazón Grande, La Coruña, España

Acerca del evento

Os días 3, 4, 10, 11, 17 e 18 de xullo, de 10:30 a 14:30, convidámosvos a participar nas xornadas sobre os Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón, evento realizado co apoio da Deputación da Coruña. Realizaremos seis visitas, en diferentes días, ás parcelas custodiadas pola nosa entidade a través dunha pequena ruta de sendeirismo.

A nosa entidade conseguiu nos últimos anos un bo número de parcelas para a conservación das diferentes especies endémicas do centro de Galicia asociadas ás serpentinas da serra do Careón, alcanzando xa máis de 18 ha custodiadas a través de arrendamentos ó Banco de Terras de Galicia. Do mesmo xeito, e grazas á Deputación da Coruña e á colaboración desinteresada de persoas e entidades, a principios do ano 2021 compramos 4 ha de parcelas de alto interese ambiental para a súa conservación á perpetuidade. Este é un proxecto de moito calado, no que estamos invertindo grandes esforzos debido á súa complexidade, pero que suporá un enorme beneficio para a conservación dos microendemismos asociados ás serpentinas do centro de Galicia.

Por isto, gustaríanos invitarvos a asistir a esta visita á zona de actuación e, da man dos técnicos da nosa entidade, explicaremos os amplos valores naturais da zona, veremos os diferentes endemismos e comentaremos os obxectivos e logros deste gran proxecto de conservación de flora. Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web (www.custodiadoterritorio.org/actividades) e obter información en custodiadoterrirtorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).

Tras o proceso de inscrición indicarémosvos as medidas que se levarán a cabo para evitar contaxios do coronavirus e o punto de reunión para que toda a actividade se desenvolva dun modo seguro e agradable para todos.

Compartir este evento

bottom of page