top of page

Endemismos do centro de Galicia. Visita ás serpentinas da serra do Careón

sáb, 18 jul

|

Barazón Grande

A nosa entidade conseguíu nos últimos anos un bo número de parcelas para a conservación das diferentes especies endémicas do centro de Galicia asociadas ás serpentinas da serra do Careón. Ven a coñecer estas especies únicas da man de botánicos e técnicos da entidade para saber máis deste proxecto.

Se ha cerrado la posibilidad de registrarse
Ver otros eventos
Endemismos do centro de Galicia. Visita ás serpentinas da serra do Careón
Endemismos do centro de Galicia. Visita ás serpentinas da serra do Careón

Horario y ubicación

18 jul 2020, 10:30 – 14:30

Barazón Grande, 15808 Barazón Grande, La Coruña, España

Acerca del evento

O día 18 de xullo, de 10:30 a 14:30, convidámosvos a participar na xornada sobre os Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón, evento realizado co apoio da Deputación da Coruña. Realizaremos unha visita ás diferentes parcelas custodiadas a través dunha pequena ruta de sendeirismo. Como colaboradores no crowdfounding das láminas de flora endémica tedes inscrición preferente na actividade ata o sábado 11 ás 14:00 (logo, será por onde de inscrición ata completar prazas).

A nosa entidade conseguiu nos últimos anos un bo número de parcelas para a conservación das diferentes especies endémicas do centro de Galicia asociadas ás serpentinas da serra do Careón, alcanzando xa máis de 13 ha custodiadas, ás que en breve se sumarán outras 4 ha máis, todas elas derivadas de arrendamentos ó Banco de Terras de Galicia. Do mesmo xeito, e grazas á Deputación da Coruña, imos empezar coa compra e conservación a perpetuidade de parcelas de alto interese ambiental. Este é un proxecto de moito calado, no que estamos invertindo grandes esforzos debido á súa complexidade, pero que suporá un enorme beneficio para a conservación dos microendemismos asociados ás serpentinas do centro de Galicia.

Por isto, gustaríanos invitarvos a asistir a esta visita á zona de actuación e, da man dun botánico e de técnicos da nosa entidade, explicaremos os amplos valores naturais da zona, veremos os diferentes endemismos e comentaremos os obxectivos e logros deste gran proxecto de conservación de flora. Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web (www.custodiadoterritorio.org/actividades) e obter información en custodiadoterrirtorio@gmail.comou no 620-59.38.92 (teléfono ou WhatsApp).

Tras o proceso de inscrición indicarémosvos as medidas que se levarán a cabo para evitar contaxios do coronavirus e o punto de reunión para que toda a actividade se desenvolva dun modo seguro e agradable para todos.

Compartir este evento

bottom of page