top of page

Banco de Terras de Galicia

unha oportunidade para a custodia

 

Nos anos 2010-2011 desenvolvimos un traballo de incidencia política durante a modificación da lei de mobilidade de terras, coa fin de abrir o acceso a terras para a custodia do territorio en Galicia.

 

Froito deste traballo, na actual lei de mobilidade de terras 6/2011, que entrou en vigor o 15 de novembro do 2011, ofrécense unha serie de ferramentas legais para o acceso á xestión de fincas de interese ambiental por parte de entidades non lucrativas, cunha finalidade de conservación.

 

Ademáis da AGCT son xa varias as entidades de custodia en Galicia que puideron beneficiarse deste cambio lexislativo.

bottom of page