top of page

Terra Cha

 

A Terra Cha é unha extensa comarca na que os hábitats lacustres, os prados húmidos e as formacións boscosas autóctonas se combinan conformando unha paisaxe singular, de gran beleza e elevado valor ecolóxico.

 

Na Terra Cha contamos con acordos de custodia que abranguen diferentes tipos de hábitats. Pola súa extensión e valor ecolóxico destaca o acordo acadado en 2014 coa Deputación Provincial de Lugo para xestionar as Insuas de Rábade e os Ollos de Begonte; en total máis de 100 hectáreas de bosque aluvial, prados húmidos e formacións lacustres que representan unha das mellores paisaxes aluviais da Península Ibérica.

A Terra Cha somentes é:

un povo aquí, outro acolá,

mil arbres, monte raso

un ceo chumbo e tráxico

no que andan as aves a voar.

O resto é soedá.

Manuel María

bottom of page