Taller de poda de vimbios
dom, 11 feb
|Rábade
Nos próximos tres meses teremos na Casa das Insuas un programa completo de cestería con vimbios. Nel, aprenderemos a podar un cultivo de vimbios, a coidar estruturas de vimbio vivo xa creadas, a creación de estruturas de vimbio vivo en maceta e a realización de cestos de cortiza de vimbio.


Horario e lugar
11 feb 2024, 10:30 – 14:00
Rábade, C. José Pardo, 20, 27370 Rábade, Lugo, España
Acerca do evento
Nos próximos tres meses teremos na Casa das Insuas un programa completo de cestería con vimbios. Nel, aprenderemos a podar un cultivo de vimbios, a coidar estruturas de vimbio vivo xa creadas, a creación de estruturas de vimbio vivo en maceta e a realización de cestos de cortiza de vimbio. O próximo fin de semana, o domingo 11 de febreiro de 10:30 a 14:00, teremos o Taller de poda de vimbios.
En cada unha das actividades abrirase o período de inscrición unha semana antes da súa realización. Inscricións en www.custodiadoterritorioorg/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.
11 de febreiro: poda de vimbios.
24 de febreiro (data pendente de confirmación): poda de estrutura de vimbios.
17 de marzo: cestería de vimbio vivo.
14 de abril: cestería de cortiza de vimbio.