III Xornadas Galegas de Custodia do Territorio
sáb, 01 jun
|Deputación Provincial de Lugo
A Xornada Galega de Custodia do Territorio é un punto de encontro entre as entidades que traballan en custodia do territorio en Galicia, así como un foro aberto a outros axentes sociais e económicos vinculados dunha ou outra forma a esta estratexia de conservación.
Horario y ubicación
01 jun 2024, 10:00 – 20:00
Deputación Provincial de Lugo, Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo, España
Acerca del evento
A Xornada Galega de Custodia do Territorio é un punto de encontro entre as entidades que traballan en custodia do territorio en Galicia, así como un foro aberto a outros axentes sociais e económicos vinculados dunha ou outra forma a esta estratexia de conservación.
A III Xornada Galega de Custodia do Territorio celebrarase en Lugo o 1 de xuño do 2024, incluíndose dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.
Inscricións en https://www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis info en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).
Sesión de mañá: Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo (Lugo).
• 10:00. Presentación da xornada.
• 10:15. Bloque I – Avances a nivel estatal de interese para a CdT en Galicia.
• 11:30. O acordo de CdT para a xestión das Insuas do Miño e Ollos de Begonte.
• 12:00. Pausa – café.
• 12:30. Bloque II – Mapeo de iniciativas galegas de CdT: Que aporta o teu proxecto? Que tipo de acordo tes? Con quen traballas? Que superficie abarcas? Cales son os teus obxectivos de conservación?
Sesión de tarde: Casa das Insuas (Rábade).
• 14:00. Xantar de traballo.
• 15:30. Café – presentación doutras entidades.
• 16:30. Bloque III – Rede Galega. Liñas de traballo en común.
• 18:00. Paseo polas Insuas do Miño.
• 20:00. Peche da xornada.