BioBlitz Serra do Careón
dom, 16 jul
|Barazón Grande
O domingo 16 de xullo, de 10:30 a 18:00, realizaremos un BioBlitz no entorno das Microrreservas da Serra do Careón para observar e recopilar información sobre a biodiversidade da zona, rexistrando as especies vistas na plataforma iNaturalist.
Horario y ubicación
16 jul 2023, 10:30 – 18:00
Barazón Grande, 15808 Barazón Grande, La Coruña, España
Acerca del evento
Na Serra do Careón están presentes varias especies de flora endemica asociadas ás rochas serpertínicas deste espazo pero tamén a fauna desta zona ten unha especial relevancia ó estar presentes especies de caracter térmico moi escasas na provincia da Coruña. A Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa AGCT, estamos realizar unha serie de actividades para difundir os valores naturais da zona.
O domingo 16 de xullo, de 10:30 a 18:00, realizaremos un BioBlitz no entorno das Microrreservas da Serra do Careón para observar e recopilar información sobre a biodiversidade da zona, rexistrando as especies vistas na plataforma iNaturalist.
Para esta actividade recoméndase traer roupa e calzado de monte, así como auga e algo para picar no descanso da xornada.
Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web (www.custodiadoterritorio.org/actividades) e obter información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).