top of page

As bolboretas das Insuas do Miño

sáb, 08 jul

|

Casa das Insuas (Rábade)

Comezamos as actividades de verán coa xornada sobre as Bolboretas das Insuas do Miño da man dos compañeiros do BMS (Butterfly Monitoring Scheme) o sábado 8 de xullo, de 10:30 a 18:00.

O registro está pechado para este evento.
¡Entendido!
As bolboretas das Insuas do Miño
As bolboretas das Insuas do Miño

Horario y ubicación

08 jul 2023, 10:30 – 18:00

Casa das Insuas (Rábade), C. José Pardo, 20, 27370 Rábade, Lugo, España

Acerca del evento

Comezamos as actividades de verán coa xornada sobre as Bolboretas das Insuas do Miño da man dos compañeiros do BMS (Butterfly Monitoring Scheme). Primeiramente faremos unha aproximación ás características das Insuas do Miño e do proxecto de conservación que se está a realizar na zona, para logo falar das bolboretas que podemos atopar na zona e do programa que o BMS está a realizar. Posteriormente, a última hora da mañá e pola tarde, faremos unha visita ós arredores das Insuas do Miño e ás propias Insuas observando as diferentes especies de bolboretas presentes.

A actividade comeza ás 10:30 e as charlas decorrerán ata as 12:30. No resto da mañá percorreremos arredores da Casa das Insuas e faremos o xantar na zona. Xa pola tarde, achegarémonos ás Insuas do Miño para coñecer as súas bolboretas.

Como tódalas actividades de campo, fará falla roupa e calzado adecuado e, para o xantar, bebida e comida para cada un de vós.

Prazas limitadas. Inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Compartir este evento

bottom of page