Convivir coa fauna
Con esta liña de traballo tratamos de xerar espazos de reflexión, información e debate sobre os conflictos que xurden da convivencia con algunhas especies animais.
Froito deste esforzo son:
- A participación da AGCT no proxecto "WOLF: Wild Life & Farmers" (Vida Salvaje & Mundo Rural)".
- A organización do III Congreso Ibérico del Lobo (Lugo, 2012) (ver libro de resumos AQUÍ)
- A organización da xornada sobre o cabalo galego de monte (Rábade, 2013) (descargar conclusións AQUÍ)
- A organización da xornada sobre o oso pardo (Piornedo, 2014)
- A organización da xornada sobre lobo e gandeiría en Galicia (Rábade, 2015) da que agromou un grupo de traballo sobre a convivencia co lobo no mundo rural galego no que participan representantes de distintos sectores sociais.