top of page

Ancares

 
No ano 2011 asinamos un convenio de colaboración coa Fundación Acciónatura para desenvolver de forma conxunta un proxecto de mellora do bosque autóctono na comarca dos Ancares. Con este acordo a AGCT únese ao traballo que Acciónatura vén realizando dende o ano 2006 en prol dos bosques naturais da serra.
 

Por outro lado, en xuño de 2013 asinamos un acordo de custodia cos propietarios do “Monte do Agulleiro”, un monte de varas cunha superficie de 804 Ha, pertencente a veciños da aldea de Piornedo (Cervantes). O acordo representa unha aposta dos veciños de Piornedo pola conservación e posta en valor do seu territorio.

 

 

bottom of page