top of page

INSUAS DO MIÑO E OLLOS DE BEGONTE

O alto Miño conforma un dos complexos húmidos de maior importancia e singularidade da Península Ibérica debido á abundancia e diversidade dos seus hábitats de ribeira, lagoas e turbeiras cun elevado grao de naturalidade.

A Deputación de Lugo e a Asociación Galega de Custodia do Territorio estamos a traballar na conservación desta riqueza natural e do patrimonio etnográfico asociado, grazas á sinatura no 2014 dun acordo de custodia do territorio que ten como obxectivo principal a mellora do estado de conservación das Insuas do Miño e Ollos de Begonte, e realizar actividades de investigación, divulgación e educación ambiental necesarias.

bottom of page